A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do DOG publicará o 19 de xaneiro de 2026 unha nova convocatoria de axudas destinada á “proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria”, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipo inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.
Destinarios
- Pequenas empresas situadas en zonas rurais.
- Persoas físicas residentes en zonas rurais.
- Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Requisitos
- Non poderán estar iniciados á data de presentación da solicitude de axuda.
- Deberán presentar un orzamento elixible comprendido entre 20.000 € e 300.000 €.
Gastos subvencionables
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de bens de equipo novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
Ámbitos de actividade
Con carácter xeral, serán subvencionables os proxectos que se enmarquen nos seguintes ámbitos:
- Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
- Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Non obstante, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.
- Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelería (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración.
- Empresas innovadoras ou iniciativas de base tecnolóxica.
- Prestación de servizos sociais.
- Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
- Artesanía e actividades artesanais.
- Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
- Comercio polo miúdo.
Quedan excluídos os proxectos inherentes á produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura, así como os vinculados coa produción primaria dos produtos agrícolas e gandeiros.
Cuantía
Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de subvención equivalente ao 50% dos gastos subvencionables.
Si estuviese interesado, rogamos nos indiquen para su tramitación.


